martes, 21 de octubre de 2008

actividades de animación a lectura










"O MEDO"









O longo deste trimestre, na aula de apoio, pretendemos fomentar a lectura a traves de diferentes actividades.

- Tema elexido polos alumnos/as o "medo"

- Actividades propostas:

- Envío de postais dende "o mais alá"... Os rapaces imaxinarán que están de vacacións nun lugar terrorífico. Enviaranse cartas amosando por un lado a paisaxe e comentando polo outro que está pasando alí, na súa estancia ( envio de cartas por e-mail)
- Recopilación de lendas populares, urbanas... que teñan oido contar, lido...

- Confección dun mapa de lugares terroríficos: casa enfeitizadas...

- Escribir un pesadelo que se nos repite.

- Elaborar un catálogo de monstros
- Guía de viaxes pola xeografía do medo: casas abandonadas, bosques, castelos... imitando o tono das guías turísticas. Os alumnos poden redactar suxerencias para viaxar por estes lugares.

- Buscar na casa, e traer ó colexio todos aqueles obxectos relacionados co medo (arañas de plástico, gorro de bruxa...) para facer unha pequena exposición.

- Recopilación de cancións, poemas sobre a noite, a lúa, a escuridade...

- Taller de monstros: a partires dun texto descriptivo compoñer un personaxe en cartolina.
E por suposto, lectura dalgun dos libros propostos
Admitense suxerencias.
Coñecedes algunha web na que aparezan xogos relacionados co tema?




No hay comentarios: